16 abr 2013

Poemas mensaxeiros

No 175 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro o alumnado do IES Monte Neme participa na actividade "Poemas mensaxeiros" escribindo un poema desta autora e indicando o por que da súa elección. Está exposto en Biblioneme.

A alumna encargada de transcribir o poema foi Gema Souto Reino, membro do noso Club.

2 abr 2013

Ourizos parisinos

 Algúns ouriciños estiveron en París e lembráronse de Éric. 
Sacaron unha foto "Souvenir" co seu libro prefe diante mesmo da Tour Eiffel!