Blog do Club de Lectura "O Ourizo do Monte" do IES Monte Neme (Carballo).
29 may 2012
28 may 2012
Unha visita máxica
Charla-entrevista de Bilal Traoré na Biblio. |
Lectura a varias voces dun poema de Bilal. |
|
Obradoiro de percusións africanas de Bilal. |
25 may 2012
Invitación e programa da viaxe a senegal
Estades convidad@s a acompañarnos nesta aventura! Imos ó Senegal!
Xa temos case todo listo para recibir ó noso amigo Bilal...
Programa da viaxe:
- 14:30 horas: os membros do Club de Lectura convidan a Bilal a comer con eles.
- 15:30 horas: visita a nosa Biblio e entrevista a Bilal.
- 16:10 horas: "Voyage virtuel, musical et poétique au Sénégal",
Alumnado de 1º, 2º e 3º ESO no Salón de Actos.
- 17:50 horas: remate da viaxe.
Éric xa está co libro descubrindo a expo e impaciente por coñecer a Bilal! |
21 may 2012
Destino: Senegal!
Estamos preparando unha data moi para o noso Club de Lectura:
a visita do poeta e músico senegalés afincado en Galicia, Bilal Traoré.
É unha vivencia que queremos compartir cos nosos compañeiros polo que imos convidalos a “viaxar virtualmente ó Senegal” connosco o vindeiro luns 28 pola tarde no Salón de Actos.
Bilal é narrador, poeta e un gran mestre de percusión polo que imos percorrer Senegal a través de imaxes, poemas e música dos seus tambores chamados Djembés.
De momento, nos estamos descubrindo
a súa recompilación de poemas escritos
en castelá
titulado “Oculto al sol”.
|
Tamén estamos preparando e organizando a súa visita….
|
14 may 2012
3 may 2012
Escritura chinesa
Aínda que o luns, día das nosas xuntanzas, non foi lectivo. Tivemos cita nun recreo para recoller o libro elixido por Éric que imos ler todos xuntos:
da autora Blanca Álvarez