30 mar 2012

Marcando páxinas primaverais

Desvelamos a sorpresa que preparamos no Club para acompañar as lecturas durante as vacacións de Semana Santa: 
uns marca-páxinas
feitos por nós coas nosas frases persoais sobre a lectura.
Preparamos cinco modelos de cartas cos distintos modelos de marca-páxinas para repartirllos a todas as nosas amizades. 
Son recortables e impresos en cor para que cadaquén teña varios exemplares e para ler moito!
Os orixinais están expostos no corredor (diante da nosa Biblio)
Hoxe, estivemos repartindo o agasallo ós nosos compis polas aulas e compartindo a nosa labor e a nosa ilusión: 
Unha aperta!





26 mar 2012

Unha preciosidade de visita

Sempre rodeada de libros!
Hoxe tivemos a sorte de recibir unha visita preciosa: 
a profesora Carmen González Llorca de Lingua Castelá veu cargada de libros. 
A profe Pilar presentando.
Lecturas recomendadas pola profesora Carmen G. Llorca:
- Martín Gaite, Carmen - Caperucita en Manhattan
Delibes, MiguelMujer de rojo sobre fondo gris
Quiroga, Horacio  – Cuentos de la selva
Garner, James Finn  - Cuentos infantiles políticamente correctos (Cenicienta)
Wilde, Oscar – El fantasma de Canterville (extracto)
Dumas, Alejandro -  El Conde de Montecristo   /   Los tres mosqueteros  
Dickens, Charles –   Cuento de Navidad     /    Oliver Twist   
-  Twain, Mark- Hucklberry Finn
-  Swift, Jonathan – Los viajes de Gullivert  
Varios títulos do austriaco Stefan Zweig publicados pola editorial Acantilado:
Las hermanas (ficha)


Entusiasmados polo que lles contou a profe, os membros do Club levaron algúns dos títulos emprestados da nosa Biblio e xa os están descubrindo. 
Os libros que non estaban xa chegaron e están á vosa disposición!
Éric, moi atarefado!

19 mar 2012

"O agasallo dun libro, ademais dun obsequio, é un delicado eloxio"...

Que andan a argallar?...
Canta actividade na Biblio!
Un pequeno adianto da sorpresa que estamos preparando...

Éric

12 mar 2012

Horas deliciosas...

Na primeira fase da preparación dunha sorpresa para os nosos compis de clase, estivemos lendo e reflexionando a partir de citas sobre a lectura. Atoparedes moitas en internet, por exemplo en:


"Amar á lectura é cambiar horas de fastío por horas de inefable e deliciosa compaña."
JFK