![]() |
| A tradicional sesión de entrega de diplomas lectores & peche do Club de lectura "O Ourizo do Monte" coa lectura dunha carta de Éric dirixida aos Ouriciñ@s |
Blog do Club de Lectura "O Ourizo do Monte" do IES Monte Neme (Carballo).
Mostrando entradas con la etiqueta carta. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta carta. Mostrar todas las entradas
16 jun 2014
O adeus de Éric aos Ouriciñ@s
Ubicación:
Carballo, Province de La Corogne, Espagne
26 nov 2012
Argallando...
Ola!
Son Éric! Non vos sorprende que permaneza tan caladiño sen dicirvos o que fixeron os ouriziños a semana pasada?... Co argalleiro que son! Pois só me deixan soprarvos que vai haber unha sorpresa de Nadal para todos os nosos amigos do Monte Neme...
Unha aperta con púas! E tamén de parte de Marc.
Éric
10 abr 2012
Páxinas marcadas con agarimo...
Para as nosas amizades,
os 5 modelos diferentes de cartas con marca-páxinas recortables
a imprimir polas dúas caras en formato A4.
![]() |
| Modelo 1 - parte dianteira |
![]() |
| Modelo 1 - parte traseira |
![]() |
| Modelo 2 - parte dianteira |
![]() |
| Modelo 2 - parte traseira |
![]() |
| Modelo 3 - parte dianteira |
![]() |
| Modelo 3 - parte traseira |
![]() |
| Modelo 4 - parte dianteira |
![]() |
| Modelo 4 - parte traseira |
![]() |
| Modelo 5 - parte dianteira |
![]() |
| Modelo 5 - parte traseira |
Éric e os membros do Club
Etiquetas:
Actividades,
carta,
frases,
libros,
marca-páxinas
30 mar 2012
Marcando páxinas primaverais
Desvelamos a sorpresa que preparamos no Club para acompañar as lecturas durante as vacacións de Semana Santa:
Hoxe, estivemos repartindo o agasallo ós nosos compis polas aulas e compartindo a nosa labor e a nosa ilusión:
![]() |
uns marca-páxinas
feitos por nós coas nosas frases persoais sobre a lectura.
|
Preparamos cinco modelos de cartas cos distintos modelos de marca-páxinas para repartirllos a todas as nosas amizades.
Son recortables e impresos en cor para que cadaquén teña varios exemplares e para ler moito!
![]() |
| Os orixinais están expostos no corredor (diante da nosa Biblio) |
Unha aperta!
Etiquetas:
Actividades,
carta,
exposición,
fotos,
frases,
lectura,
libros,
marca-páxinas
6 feb 2012
A elegancia do ourizo - L'élégance du hérisson
Ola Membros do Club!
Chegou febreiro e estouvos moi ledo! Évos un mes cheo de actividades para espantar o frío, o tempo do amor co día da San Valentín e da troula e das larpeiradas co Entroido. Por iso, pensando un pouco nos disfraces, decidín amosarvos que, nesta vidiña, non todo é o que parece...
Este mes imos dedicalo ó libro que, dalgún xeito, apadriña ó noso club. Ben sabedes cal é xa:
“A elegancia do ourizo”
da autora francesa Muriel Barbery.
Publicado en Francia no ano 2006 pola editorial Gallimard, convértese no éxito da temporada con máis dun millón de exemplares vendidos e 30 semanas no número 1 das vendas. Grazas a este éxito, foille adxudicado o Premio das Librerías (Prix des Libraires) francesas no 2007.
Vos xa sodes coñecedores do secreto que agachamos os meus familiares e máis eu, pero imos afondar e descubrilo literariamente. Tras a visita do profe Suso que xa nos falou de Tolstoi, un autor homenaxeado entre as liñas deste libro, imos comezar a ver a película “El erizo”, unha adaptación á pantalla do ano 2008 dirixida por Mona Achache. E tamén imos ir lendo e falando!
Feliz peli-lectura!
Éric
O ourizo máis elegante de toda a comarca de Bergantiños!
Etiquetas:
carta,
élégance du hérisson,
elegancia do ourizo,
ourizo,
película
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
















.jpg)
.jpg)
.jpg)



