28 may 2012

Unha visita máxica

Charla-entrevista de Bilal Traoré na Biblio.
Lectura a varias voces dun poema de Bilal.

Obradoiro de percusións africanas de Bilal.

25 may 2012

Invitación e programa da viaxe a senegal

Estades convidad@s a acompañarnos nesta aventura! Imos ó Senegal!
Xa temos case todo listo para recibir ó noso amigo Bilal...
Programa da viaxe:
- 14:30 horas: os membros do Club de Lectura convidan a Bilal a comer con eles.
- 15:30 horas: visita a nosa Biblio e entrevista a Bilal.
- 16:10 horas: "Voyage virtuel, musical et poétique au Sénégal",
Alumnado de 1º, 2º e 3º ESO no Salón de Actos.
- 17:50 horas: remate da viaxe.
Éric xa está co libro descubrindo a expo
e impaciente por coñecer a Bilal!

21 may 2012

Destino: Senegal!

Estamos preparando unha data moi para o noso Club de Lectura: 
a visita do poeta e músico senegalés afincado en Galicia, Bilal Traoré

É unha vivencia que queremos compartir cos nosos compañeiros polo que imos convidalos a “viaxar virtualmente ó Senegal” connosco o vindeiro luns 28 pola tarde no Salón de Actos
Bilal é narrador, poeta e un gran mestre de percusión polo que imos percorrer Senegal a través de imaxes, poemas e música dos seus tambores chamados Djembés.

De momento, nos estamos descubrindo 
a súa recompilación de poemas escritos en castelá 
titulado “Oculto al sol”.
Tamén estamos preparando e organizando a súa visita….
...e coa colaboración dos compis de 3º PDC e dalgúns de 4º,
estamos montando unha pequena expo sobre Senegal
para darlle a benvida a Bilal ó noso centro
e para que todos aproveiten mellor a experiencia.

3 may 2012

Escritura chinesa

Aínda que o luns, día das nosas xuntanzas, non foi lectivo. Tivemos cita nun recreo para recoller o libro elixido por Éric que imos ler todos xuntos: 
da autora Blanca Álvarez