Mostrando entradas con la etiqueta Inauguración. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Inauguración. Mostrar todas las entradas

16 sept 2013

A volta ó cole

Éric e os Ouriziños 
xa están de volta ó IES Monte Neme!
Deséxanvos que teñades un curso excelente,
cheo de fermosas aventuras lectoras!






En outubro, saberemos máis sobre as súas actividades para este curso 2013/2014. 
Como xa vendo sendo habitual, espérannos sorpresas...

2 oct 2012

Benvid@s!

Ouriziños preparados
polas nosas amiguiñas Ester e Gloria.
Un doce agasallo!
Para ir coñecendo os nosos novos amigos e ter ideas de lecturas que lles gustaron ós compis, fixemos un xogo: resumimos o nos libro prefe de verán e xogamos a adiviñar quen o lera. Canto rimos! Houbo quen non tivo doado decidir o título por ter lido moito na praia! Éric non o tiña claro pero está decidido a ler “Os xogos da Fame” de Suzanne Collins por ser unha recomendación das rapazas.
Podedes ver todas as imaxes da reunión neste ÁLBUM.

25 may 2012

Invitación e programa da viaxe a senegal

Estades convidad@s a acompañarnos nesta aventura! Imos ó Senegal!
Xa temos case todo listo para recibir ó noso amigo Bilal...
Programa da viaxe:
- 14:30 horas: os membros do Club de Lectura convidan a Bilal a comer con eles.
- 15:30 horas: visita a nosa Biblio e entrevista a Bilal.
- 16:10 horas: "Voyage virtuel, musical et poétique au Sénégal",
Alumnado de 1º, 2º e 3º ESO no Salón de Actos.
- 17:50 horas: remate da viaxe.
Éric xa está co libro descubrindo a expo
e impaciente por coñecer a Bilal!