18 mar 2013

Estamos vendo...

Despois da visita de Pistolero Lucas, todos quixemos ver a película Alatriste. Xa comezamos a semana pasada.
«No era el hombre más honesto ni el más piadoso, pero era un hombre valiente».
El capitán Alatriste (inicio de la novela).

14 feb 2013



Quen nos mandaría flores por San Valentín?
E os toxos!?!?! 
Grrr!!!...


4 feb 2013

Eramos 10 lectores...

Hoxe lemos un texto que nos deixou o Profe Monche:

escrito por Bernardo Atxaga (a profe Pilar falounos deste autor) e publicado na revista cultural Babelia o 19 de xaneiro de 2013. Por certo, Babelia ten un blog literario chamado "Papeles perdidos" quenon te podes perder.

Os ouriziños pensaron: Que será de nós?... Isto promete!

28 ene 2013

A visita do Profe Moncho

Hoxe tivemos unha desas visitas tan especiais que só son posibles nun ambiente tan acolledor como o noso Club de Lectura. Ademais estreamos os novos mobles de Biblioneme.

Visitounos o profe Moncho. É un profe que coñecemos por ser de Carballo mais, como imparte clases os maiores nos Ciclos Formativos, non podemos falar con el a miúdo. Iso é unha mágoa xa que resulta que é moi bo e sabe moito de libros. Descubrimos que lee case tanto como Éric e que viaxou moito. De feito, é o padriño de Marc xa que foi el quen o trouxo dunha viaxe a Praga.

O profe Moncho foi tan xeneroso que ata nos trouxo agasallos! Xa os amosaremos...

25 ene 2013

Filloas, pancakes & crêpes!

Non nos perdemos a festa que se montou en Biblioneme para o alumnado de 1º ESO coa preparación de fillos, pancakes e crêpes. Como expertos catadores, fomos xurado!!!

17 dic 2012

Invitación

Chegou o momento de descubrir a sorpresa de Nadal: 
unha obra de teatro para toda a nosa Comunidade Educativa!

13 dic 2012

Na Nadal ven o Apalpador...

Xoán González Otero, debuxante e infógrafo en La Voz de Galicia. Mañá estará en Biblioneme para falarnos do Apalpador, unha figura moi vinculada ó Nadal en Galicia.
Ler o artigo completo

5 dic 2012

Dedicatoria

Mirade que agasallo nos chegou do Culturgal, a Feira das Industrias Culturais que se celebrou en Pontevedra a fin de semana pasada:
Un libro dedicado polo propio autor!

E tan só podemos adiantar que ten algo que ver coa sorpresa de Nadal...

3 dic 2012

Revelaremos a sorpresa?

Aínda non vos podemos dicir nada pero xa tedes as primeiras imaxes da sorpresa para Nadal. 
Vedes que os ouriziños están a traballor moitiño pero que faran? 
É un segredo!...