Mostrando entradas con la etiqueta volta ó cole. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta volta ó cole. Mostrar todas las entradas

21 oct 2013

Estreamos tempada!

Os novos ourizos recibiron a visita de Laura e Uxía, 
sobresaíntes membros que pasan a formar parte do Club de "Veteranos amigos de Éric".
Explicaronlle ós novos membros o funcionamento do Club e as actividades e sorpresa que destacan nas súas lembranzas (ademais dos doces e dos traxes da obra de Nadal :-)))
Logo cada un animouse a contar cal é o seu libro prefe.

16 sept 2013

A volta ó cole

Éric e os Ouriziños 
xa están de volta ó IES Monte Neme!
Deséxanvos que teñades un curso excelente,
cheo de fermosas aventuras lectoras!






En outubro, saberemos máis sobre as súas actividades para este curso 2013/2014. 
Como xa vendo sendo habitual, espérannos sorpresas...

2 oct 2012

Benvid@s!

Ouriziños preparados
polas nosas amiguiñas Ester e Gloria.
Un doce agasallo!
Para ir coñecendo os nosos novos amigos e ter ideas de lecturas que lles gustaron ós compis, fixemos un xogo: resumimos o nos libro prefe de verán e xogamos a adiviñar quen o lera. Canto rimos! Houbo quen non tivo doado decidir o título por ter lido moito na praia! Éric non o tiña claro pero está decidido a ler “Os xogos da Fame” de Suzanne Collins por ser unha recomendación das rapazas.
Podedes ver todas as imaxes da reunión neste ÁLBUM.