Mostrando entradas con la etiqueta Tolstoi. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Tolstoi. Mostrar todas las entradas

30 ene 2012

Visita do Profe Suso

Hoxe, tivemos unha visita que agardamos impacientes! Veu o profe Suso, que nos ensina e ensinou Lingua e Literatura Galega a tod@s. 


Compartiu connosco unhas lecturas e lembranzas fermosísimas. Tivo o agarimoso detalle de preparar a súa visita indo buscar ó faiado uns libros que leu cando era un ouriziño como nós.
Na nosa Biblio, atopamos exemplares e versións da mesma historia e tamén do mesmo autor:

Falounos das lecturas da súa mocidade, contounos a aventura da Bounty, presentounos o escritor ruso León Tolstói e animounos a ler todo canto nos pete!



Tamén nos trouxo libros de texto daquela.

Grazas, profe Suso! 

Éric