Hoxe, tivemos unha visita que agardamos impacientes! Veu o profe Suso, que nos ensina e ensinou Lingua e Literatura Galega a tod@s.
Compartiu connosco unhas lecturas e lembranzas fermosísimas. Tivo o agarimoso detalle de preparar a súa visita indo buscar ó faiado uns libros que leu cando era un ouriziño como nós.
Compartiu connosco unhas lecturas e lembranzas fermosísimas. Tivo o agarimoso detalle de preparar a súa visita indo buscar ó faiado uns libros que leu cando era un ouriziño como nós.
Na nosa Biblio, atopamos exemplares e versións da mesma historia e tamén do mesmo autor:
Falounos das lecturas da súa mocidade, contounos a aventura da Bounty, presentounos o escritor ruso León Tolstói e animounos a ler todo canto nos pete!
Tamén nos trouxo libros de texto daquela.
Grazas, profe Suso!
Éric
No hay comentarios:
Publicar un comentario