Ola Membros do Club!
Chegou febreiro e estouvos moi ledo! Évos un mes cheo de actividades para espantar o frío, o tempo do amor co día da San Valentín e da troula e das larpeiradas co Entroido. Por iso, pensando un pouco nos disfraces, decidín amosarvos que, nesta vidiña, non todo é o que parece...
Este mes imos dedicalo ó libro que, dalgún xeito, apadriña ó noso club. Ben sabedes cal é xa:
“A elegancia do ourizo”
da autora francesa Muriel Barbery.
Publicado en Francia no ano 2006 pola editorial Gallimard, convértese no éxito da temporada con máis dun millón de exemplares vendidos e 30 semanas no número 1 das vendas. Grazas a este éxito, foille adxudicado o Premio das Librerías (Prix des Libraires) francesas no 2007.
Vos xa sodes coñecedores do secreto que agachamos os meus familiares e máis eu, pero imos afondar e descubrilo literariamente. Tras a visita do profe Suso que xa nos falou de Tolstoi, un autor homenaxeado entre as liñas deste libro, imos comezar a ver a película “El erizo”, unha adaptación á pantalla do ano 2008 dirixida por Mona Achache. E tamén imos ir lendo e falando!
Feliz peli-lectura!
Éric
O ourizo máis elegante de toda a comarca de Bergantiños!
No hay comentarios:
Publicar un comentario