27 feb 2012

Estamos lendo/vendo...

Os membros do Club e eu seguemos a combinar a lectura do libro de Muriel Barbery co visionado da película. Así podemos comentar e comparar as dúas versións. Claro que é o meu libro favorito!


Para acompañarnos, podedes ler algún extracto ou algún comentario de blog.
Éric

14 feb 2012

Día da amizade e do amor...

"Os libros son o máis constante e estable dos amigos; o máis sabio e accesible dos conselleiros e o máis paciente dos mestres."
Charlers W. Elliot

"Un libro de cabeceira non se escolle, namórase un del."
José Luis de Villalonga

13 feb 2012

Ourizos cinéfilos

Estamos vendo a película "Le hérisson", a adaptación cinematográfica do libro preferido de Éric. A versión orixinal cos subtítulos como no tráiler seguinte (pódese ver pinchando na imaxe):

9 feb 2012

Felicidades, Nadia

Hoxe, uns mini-ourizos contáronme que é o cumple da miña amiga Nadia! É unha rapaza moi atenta con todos nós polo que nesta ocasión, o vindeiro luns, tócanos ser "doces" con ela...
En nome do noso Club, deséxoche un 
moi feliz cumpleanos, Nadia!
Éric

6 feb 2012

A elegancia do ourizo - L'élégance du hérisson

Ola Membros do Club!

Chegou febreiro e estouvos moi ledo! Évos un mes cheo de actividades para espantar o frío, o tempo do amor co día da San Valentín e da troula e das larpeiradas co Entroido. Por iso, pensando un pouco nos disfraces, decidín amosarvos que, nesta vidiña, non todo é o que parece...

Este mes imos dedicalo ó libro que, dalgún xeito, apadriña ó noso club. Ben sabedes cal é xa:
“A elegancia do ourizo” 
da autora francesa Muriel Barbery.
Publicado en Francia no ano 2006 pola editorial Gallimard, convértese no éxito da temporada con máis dun millón de exemplares vendidos e 30 semanas no número 1 das vendas. Grazas a este éxito, foille adxudicado o Premio das Librerías (Prix des Libraires) francesas no 2007.
Vos xa sodes coñecedores do secreto que agachamos os meus familiares e máis eu, pero imos afondar e descubrilo literariamente. Tras a visita do profe Suso que xa nos falou de Tolstoi, un autor homenaxeado entre as liñas deste libro, imos comezar a ver a película “El erizo”, unha adaptación á pantalla do ano 2008 dirixida por Mona Achache. E tamén imos ir lendo e falando!
Feliz peli-lectura!
 Unha aperta do voso amigo
Éric
O ourizo máis elegante de toda a comarca de Bergantiños!