Mostrando entradas con la etiqueta ourizo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ourizo. Mostrar todas las entradas

16 jun 2014

O adeus de Éric aos Ouriciñ@s

A tradicional sesión de entrega de diplomas lectores & peche do Club de lectura "O Ourizo do Monte" coa lectura dunha carta de Éric dirixida aos Ouriciñ@s

10 jun 2013

Entrega de diplomas

Hoxe tivemos unha sesión moi emotiva coa entrega de diplomas ó Ouriziños (e tamen ás Ourizas profes e os Ourizos!) efectuada pola Directora do noso centro, Ana Alcalá.

2 abr 2013

Ourizos parisinos

 Algúns ouriciños estiveron en París e lembráronse de Éric. 
Sacaron unha foto "Souvenir" co seu libro prefe diante mesmo da Tour Eiffel!

26 nov 2012

Argallando...

Ola!

Son Éric! Non vos sorprende que permaneza tan caladiño sen dicirvos o que fixeron os ouriziños a semana pasada?... Co argalleiro que son! Pois só me deixan soprarvos que vai haber unha sorpresa de Nadal para todos os nosos amigos do Monte Neme...

Unha aperta con púas! E tamén de parte de Marc.

Éric

8 oct 2012

"Pistas" de ourizos...

Pincha para ver o ÁLBUM do xogo de pistas
con fotos moi divertidas
Como agora conta coa axuda de Marc, Éric organizou unha boa... Tiña preparada unha "Caza do tesouro na Biblio" para que atopásemos os nosos carnés de membros do Club. Pero como son trastes pero de bo corazón, deixaron pistas... Cada membro recibiu unhas pistas para chegar ata o libro onde lle esperaba o seu carné e tamén unha foto tomada na 1ª sesión. 
Os ouriziños remexeron e revolveron moitos libros pero de iso se trataba!
Todas as pistas en pdf

1 oct 2012

Membros do Club para o curso escolar 2012-2013

Non podedes facervos unha idea do orgulloso que me sinto de amosarvos a lista dos membros do Club de Lectura para esta 2ª edición, de invitar os membros xa "veteranos" e de darlle a benvida ós novos ouriziños: Paula, Sara, Alba, Irene e Laura.

Moi ben o imos pasar os luns despois do comedor! Ademais tamén nos vai acompañar o meu curmán Marc que veu de Praga (República Checa) grazas ó Profe Moncho e que xa vos aviso é amigo de facer trasnadas...

Non podo esquecer os meus amigos que pasaron para Bacharelato e cos que teño unha cita dentro de pouco: Nadia, Sebas e Laura.

Empezamos hoxe! Unha aperta con púas!

Modelo de invitación
 

13 feb 2012

Ourizos cinéfilos

Estamos vendo a película "Le hérisson", a adaptación cinematográfica do libro preferido de Éric. A versión orixinal cos subtítulos como no tráiler seguinte (pódese ver pinchando na imaxe):

6 feb 2012

A elegancia do ourizo - L'élégance du hérisson

Ola Membros do Club!

Chegou febreiro e estouvos moi ledo! Évos un mes cheo de actividades para espantar o frío, o tempo do amor co día da San Valentín e da troula e das larpeiradas co Entroido. Por iso, pensando un pouco nos disfraces, decidín amosarvos que, nesta vidiña, non todo é o que parece...

Este mes imos dedicalo ó libro que, dalgún xeito, apadriña ó noso club. Ben sabedes cal é xa:
“A elegancia do ourizo” 
da autora francesa Muriel Barbery.
Publicado en Francia no ano 2006 pola editorial Gallimard, convértese no éxito da temporada con máis dun millón de exemplares vendidos e 30 semanas no número 1 das vendas. Grazas a este éxito, foille adxudicado o Premio das Librerías (Prix des Libraires) francesas no 2007.
Vos xa sodes coñecedores do secreto que agachamos os meus familiares e máis eu, pero imos afondar e descubrilo literariamente. Tras a visita do profe Suso que xa nos falou de Tolstoi, un autor homenaxeado entre as liñas deste libro, imos comezar a ver a película “El erizo”, unha adaptación á pantalla do ano 2008 dirixida por Mona Achache. E tamén imos ir lendo e falando!
Feliz peli-lectura!
 Unha aperta do voso amigo
Éric
O ourizo máis elegante de toda a comarca de Bergantiños!