Blog do Club de Lectura "O Ourizo do Monte" do IES Monte Neme (Carballo).
29 oct 2012
Vampiros moi doces
Etiquetas:
Bela Lugosi,
Bram Stoker,
Drácula,
fotos,
película,
Samaín,
Terror
Ubicación:
Monte Neme, 15107, A Coruña, España
22 oct 2012
Estamos vendo...
Etiquetas:
Actividades,
Bela Lugosi,
Bram Stoker,
Drácula,
película,
Terror
Ubicación:
Monte Neme, 15100 Carballo, A Coruña, España
20 oct 2012
Bela Lugosi - 130 anos
O primeiro Drácula da historia do cine sonoro tivo por protagonista a Béla Ferenc Dezsbö Blaskó máis coñecido como Bela Lugosi.
A vida deste actor húngaro, que naceu o 20 de outubro de 1882, cambiou radicalmente desde que vestiu a capa negra. No Club, estamos a lembrar ó rei do horror cando se cumpren 130 anos do seu nacemento vendo a súa película mítica.
Biografía
Etiquetas:
Bela Lugosi,
biografía,
Drácula,
película,
vídeo
15 oct 2012
Drácula
Placa conmemorativa de Bram Stoker en Whitby, Inglaterra (2002). |
Cúmprense 100 anos do falecemento do autor
Bram Stoker (ler artigo).
Por iso, e a pesar do temor que lle teñen Éric e Marc ós vampiros, imos dedicar unhas sesións ó seu personaxe principal: o Conde DRÁCULA...
Etiquetas:
Bram Stoker,
Drácula,
libros,
película
8 oct 2012
"Pistas" de ourizos...
Pincha para ver o ÁLBUM do xogo de pistas con fotos moi divertidas |
Como agora conta coa axuda de Marc, Éric organizou unha boa... Tiña preparada unha "Caza do tesouro na Biblio" para que atopásemos os nosos carnés de membros do Club. Pero como son trastes pero de bo corazón, deixaron pistas... Cada membro recibiu unhas pistas para chegar ata o libro onde lle esperaba o seu carné e tamén unha foto tomada na 1ª sesión.
Os ouriziños remexeron e revolveron moitos libros pero de iso se trataba!
Todas as pistas en pdf |
Etiquetas:
Actividades,
carné,
caza do tesouro,
fotos,
lectura,
libros,
Membros,
ourizo,
pistas
2 oct 2012
Benvid@s!
Ouriziños preparados polas nosas amiguiñas Ester e Gloria. Un doce agasallo! |
Para ir coñecendo os nosos novos amigos e ter
ideas de lecturas que lles gustaron ós compis, fixemos un xogo: resumimos o nos
libro prefe de verán e xogamos a adiviñar quen o lera. Canto rimos! Houbo quen non
tivo doado decidir o título por ter lido moito na praia! Éric non o tiña claro
pero está decidido a ler “Os xogos da Fame” de Suzanne Collins por ser unha
recomendación das rapazas.
Podedes ver todas as imaxes da reunión neste ÁLBUM.
Etiquetas:
amizade,
Inauguración,
lectura,
lecturas prefes,
libros,
Membros,
volta ó cole
1 oct 2012
Membros do Club para o curso escolar 2012-2013
Non podedes facervos unha idea do orgulloso que me sinto de amosarvos a lista dos membros do Club de Lectura para esta 2ª edición, de invitar os membros xa "veteranos" e de darlle a benvida ós novos ouriziños: Paula, Sara, Alba, Irene e Laura.
Moi ben o imos pasar os luns despois do comedor! Ademais tamén nos vai acompañar o meu curmán Marc que veu de Praga (República Checa) grazas ó Profe Moncho e que xa vos aviso é amigo de facer trasnadas...
Non podo esquecer os meus amigos que pasaron para Bacharelato e cos que teño unha cita dentro de pouco: Nadia, Sebas e Laura.
Empezamos hoxe! Unha aperta con púas!
Modelo de invitación
Suscribirse a:
Entradas (Atom)