17 dic 2013

25 nov 2013

Lendo con Uxía

Ser membro deste Club de Lectura (ou sexa un Ouriciño) é unha condición que se leva dentro ó longo das páxinas dos libros que lemos durante toda a vida... Hoxe estou moi ledo e agradecido por ter recibido a visita dunha "Ouriza veterena", unha rapaza moi lectora, creativa e doce, Uxía Caamaño Míguez (4º ESO B). Veu para compartir unha lectura relacionada coas reunións arredor da Historia de Erika:
A triloxía de Morris Gleitzman (Ed. Kailas)
Entonces, Ahora & Una vez

Unha aperta con púas para Uxi e para tod@s!
Éric
Presidente do Club de Lectura "O Ourizo do Monte"

18 nov 2013

"A historia de Erika"


O álbum ilustrado 
(ed. Kalandraka, Ruth Vander Zee, Roberto Innocenti) serveunos para nos familiarizar cun novo formato: o álbum ilustrado (historia, características, ...).
Ademais acercamonos a un período histórico marcado pola II Guerra Mundial, o Nazismo e o Holocausto sufrido polo pobo xudeu. Concienciámonos do sucedido para que nunca máis se repita esta traxedia.
Limos a Historia de Erika. Historia real dunha muller marcada polo seu pasado, que relata a uns descoñecidos como se salvou do Holocausto nazi.
“No seu camiño cara a morte, 
a miña nai lanzoume á vida.”

E, finalmente, recomendamos visionar a versión do profesor Javier Marchante sobre este álbum ilustrado:

Recomendamos algúns libros e películas que atoparas en Biblioneme:

21 oct 2013

Estreamos tempada!

Os novos ourizos recibiron a visita de Laura e Uxía, 
sobresaíntes membros que pasan a formar parte do Club de "Veteranos amigos de Éric".
Explicaronlle ós novos membros o funcionamento do Club e as actividades e sorpresa que destacan nas súas lembranzas (ademais dos doces e dos traxes da obra de Nadal :-)))
Logo cada un animouse a contar cal é o seu libro prefe.

16 sept 2013

A volta ó cole

Éric e os Ouriziños 
xa están de volta ó IES Monte Neme!
Deséxanvos que teñades un curso excelente,
cheo de fermosas aventuras lectoras!






En outubro, saberemos máis sobre as súas actividades para este curso 2013/2014. 
Como xa vendo sendo habitual, espérannos sorpresas...

10 jun 2013

Entrega de diplomas

Hoxe tivemos unha sesión moi emotiva coa entrega de diplomas ó Ouriziños (e tamen ás Ourizas profes e os Ourizos!) efectuada pola Directora do noso centro, Ana Alcalá.

3 jun 2013

16 abr 2013

Poemas mensaxeiros

No 175 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro o alumnado do IES Monte Neme participa na actividade "Poemas mensaxeiros" escribindo un poema desta autora e indicando o por que da súa elección. Está exposto en Biblioneme.

A alumna encargada de transcribir o poema foi Gema Souto Reino, membro do noso Club.

2 abr 2013

Ourizos parisinos

 Algúns ouriciños estiveron en París e lembráronse de Éric. 
Sacaron unha foto "Souvenir" co seu libro prefe diante mesmo da Tour Eiffel!

18 mar 2013

Estamos vendo...

Despois da visita de Pistolero Lucas, todos quixemos ver a película Alatriste. Xa comezamos a semana pasada.
«No era el hombre más honesto ni el más piadoso, pero era un hombre valiente».
El capitán Alatriste (inicio de la novela).

14 feb 2013



Quen nos mandaría flores por San Valentín?
E os toxos!?!?! 
Grrr!!!...


4 feb 2013

Eramos 10 lectores...

Hoxe lemos un texto que nos deixou o Profe Monche:

escrito por Bernardo Atxaga (a profe Pilar falounos deste autor) e publicado na revista cultural Babelia o 19 de xaneiro de 2013. Por certo, Babelia ten un blog literario chamado "Papeles perdidos" quenon te podes perder.

Os ouriziños pensaron: Que será de nós?... Isto promete!

28 ene 2013

A visita do Profe Moncho

Hoxe tivemos unha desas visitas tan especiais que só son posibles nun ambiente tan acolledor como o noso Club de Lectura. Ademais estreamos os novos mobles de Biblioneme.

Visitounos o profe Moncho. É un profe que coñecemos por ser de Carballo mais, como imparte clases os maiores nos Ciclos Formativos, non podemos falar con el a miúdo. Iso é unha mágoa xa que resulta que é moi bo e sabe moito de libros. Descubrimos que lee case tanto como Éric e que viaxou moito. De feito, é o padriño de Marc xa que foi el quen o trouxo dunha viaxe a Praga.

O profe Moncho foi tan xeneroso que ata nos trouxo agasallos! Xa os amosaremos...

25 ene 2013

Filloas, pancakes & crêpes!

Non nos perdemos a festa que se montou en Biblioneme para o alumnado de 1º ESO coa preparación de fillos, pancakes e crêpes. Como expertos catadores, fomos xurado!!!