21 oct 2013

Estreamos tempada!

Os novos ourizos recibiron a visita de Laura e Uxía, 
sobresaíntes membros que pasan a formar parte do Club de "Veteranos amigos de Éric".
Explicaronlle ós novos membros o funcionamento do Club e as actividades e sorpresa que destacan nas súas lembranzas (ademais dos doces e dos traxes da obra de Nadal :-)))
Logo cada un animouse a contar cal é o seu libro prefe.

16 sept 2013

A volta ó cole

Éric e os Ouriziños 
xa están de volta ó IES Monte Neme!
Deséxanvos que teñades un curso excelente,
cheo de fermosas aventuras lectoras!






En outubro, saberemos máis sobre as súas actividades para este curso 2013/2014. 
Como xa vendo sendo habitual, espérannos sorpresas...

10 jun 2013

Entrega de diplomas

Hoxe tivemos unha sesión moi emotiva coa entrega de diplomas ó Ouriziños (e tamen ás Ourizas profes e os Ourizos!) efectuada pola Directora do noso centro, Ana Alcalá.

3 jun 2013

16 abr 2013

Poemas mensaxeiros

No 175 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro o alumnado do IES Monte Neme participa na actividade "Poemas mensaxeiros" escribindo un poema desta autora e indicando o por que da súa elección. Está exposto en Biblioneme.

A alumna encargada de transcribir o poema foi Gema Souto Reino, membro do noso Club.

2 abr 2013

Ourizos parisinos

 Algúns ouriciños estiveron en París e lembráronse de Éric. 
Sacaron unha foto "Souvenir" co seu libro prefe diante mesmo da Tour Eiffel!

18 mar 2013

Estamos vendo...

Despois da visita de Pistolero Lucas, todos quixemos ver a película Alatriste. Xa comezamos a semana pasada.
«No era el hombre más honesto ni el más piadoso, pero era un hombre valiente».
El capitán Alatriste (inicio de la novela).

14 feb 2013



Quen nos mandaría flores por San Valentín?
E os toxos!?!?! 
Grrr!!!...


4 feb 2013

Eramos 10 lectores...

Hoxe lemos un texto que nos deixou o Profe Monche:

escrito por Bernardo Atxaga (a profe Pilar falounos deste autor) e publicado na revista cultural Babelia o 19 de xaneiro de 2013. Por certo, Babelia ten un blog literario chamado "Papeles perdidos" quenon te podes perder.

Os ouriziños pensaron: Que será de nós?... Isto promete!