30 ene 2012

Visita do Profe Suso

Hoxe, tivemos unha visita que agardamos impacientes! Veu o profe Suso, que nos ensina e ensinou Lingua e Literatura Galega a tod@s. 


Compartiu connosco unhas lecturas e lembranzas fermosísimas. Tivo o agarimoso detalle de preparar a súa visita indo buscar ó faiado uns libros que leu cando era un ouriziño como nós.
Na nosa Biblio, atopamos exemplares e versións da mesma historia e tamén do mesmo autor:

Falounos das lecturas da súa mocidade, contounos a aventura da Bounty, presentounos o escritor ruso León Tolstói e animounos a ler todo canto nos pete!



Tamén nos trouxo libros de texto daquela.

Grazas, profe Suso! 

Éric

23 ene 2012

Unha banda de deseño!

Hoxe, toda a banda estivo lendo (e rindo)
cunhas novas amizades de deseño...

17 ene 2012

Cumple de Laura

Feliz cumple, Laura!

 Bicos 
de
Éric, Membro fundador e Presidente do Club     
e
Os membros: Olalla – Marta – Lois – Nadia G. – Ánxela – Leticia - Ana – Amanda – Alex – Uxia –Sebastián 

16 ene 2012

Manualidades e bri-collage


Collage das Crónicas de Narnia: "O león, a bruxa e o armario",
unha obra de arte realizada por Uxía.

10 ene 2012

Volta ós libros

Hoxe, touconos volver á escola e fixémolo con gañas de contarlle ós compis do Club os libros que lemos no Nadal.

Tamén nos puxemos a traballar para compartir convosco as nosas lecturas. 

- Ficha de lectura
- Etiquetado dos libros


Éric estivo moi pretiño de nós botándonos unha "patiña"!


19 dic 2011

Ler preto da lareira, lecturas de inverno

Para o Nadal, levamos libros invernales da nosa Biblio para ler preto da lareira....

12 dic 2011

Contos de Nadal

O Nadal achégase e para celebralo lemos e vimos, con palabras, imaxes e música, un conto de Andersen! Tamén falamos do Conto de Nadal de Dickens que estou a ler neste intre.




28 nov 2011

Visita do Profe Jorge acompañado de J.R.R. Tolkien

Hoxe, tivemos a primeira visita dun Profe invitado, foi o Profe Jorge de Educación Física acompañado do seu admirado J.R.R. Tolkien.

Preparamos información para coñecer a fondo a lectura prefe do Profe Jorge.

Por exemplo, Olalla contounos a biografía de John Ronald Reuel Tolkien.
 


Uxia preparou un traballo sobre Frodo e o resto de personaxes:


14 nov 2011

“Lecturas terroríficas”



Título
Autor
Editorial
Cuentos españoles de terror
Varios
Oxford
Los mejores relatos de terror
Varios
Alfaguara
Los caminos del miedo
Gisbert, Joan Manuel
Planeta-Oxford
Cuentos y Leyendas de Fantasmas y aparecidos
Bassez, Danielle
y otros
Anaya
Cando petan na porta pola noite
Docampo, Xabier P.
Xerais
Tres pasos polo misterio
Fernández Paz, Agustín
Xerais
Antoloxía do Conto galego de medo
Gaspar, Silvia
Galaxia
Cuentos españoles de terror
Varios
Akal
Cuentos y leyendas del miedo
Gudule
Anaya