18 jun 2012

Entrega de diplomas!

Hoxe, recibimos a derradeira visita dun profe, a da profe responsable da Biblioteca, María José Pombo. Co apoio dunha presentación moi ben ambientada e ilustrada, deunos a coñecer as lecturas da súa mocidade e personaxes moi divertidos como "os 5" ou as irmás de “Mujercitas”. 

Recibimos:

  • Diplomas, 
  • Orlas, 
  • Autógrafo de Bilal Traoré.

4 jun 2012

Paseo por Asia

Hoxe, comentamos coa profe Pilar
o libro "El puente de los cerezos" de Blanca Álvarez.
Tamén nos falou de outros libros sobre a mesma temática e Asia.


28 may 2012

Unha visita máxica

Charla-entrevista de Bilal Traoré na Biblio.
Lectura a varias voces dun poema de Bilal.

Obradoiro de percusións africanas de Bilal.

25 may 2012

Invitación e programa da viaxe a senegal

Estades convidad@s a acompañarnos nesta aventura! Imos ó Senegal!
Xa temos case todo listo para recibir ó noso amigo Bilal...
Programa da viaxe:
- 14:30 horas: os membros do Club de Lectura convidan a Bilal a comer con eles.
- 15:30 horas: visita a nosa Biblio e entrevista a Bilal.
- 16:10 horas: "Voyage virtuel, musical et poétique au Sénégal",
Alumnado de 1º, 2º e 3º ESO no Salón de Actos.
- 17:50 horas: remate da viaxe.
Éric xa está co libro descubrindo a expo
e impaciente por coñecer a Bilal!

21 may 2012

Destino: Senegal!

Estamos preparando unha data moi para o noso Club de Lectura: 
a visita do poeta e músico senegalés afincado en Galicia, Bilal Traoré

É unha vivencia que queremos compartir cos nosos compañeiros polo que imos convidalos a “viaxar virtualmente ó Senegal” connosco o vindeiro luns 28 pola tarde no Salón de Actos
Bilal é narrador, poeta e un gran mestre de percusión polo que imos percorrer Senegal a través de imaxes, poemas e música dos seus tambores chamados Djembés.

De momento, nos estamos descubrindo 
a súa recompilación de poemas escritos en castelá 
titulado “Oculto al sol”.
Tamén estamos preparando e organizando a súa visita….
...e coa colaboración dos compis de 3º PDC e dalgúns de 4º,
estamos montando unha pequena expo sobre Senegal
para darlle a benvida a Bilal ó noso centro
e para que todos aproveiten mellor a experiencia.

3 may 2012

Escritura chinesa

Aínda que o luns, día das nosas xuntanzas, non foi lectivo. Tivemos cita nun recreo para recoller o libro elixido por Éric que imos ler todos xuntos: 
da autora Blanca Álvarez

16 abr 2012

A nosa amiga Matilda

Algúns membros do Club de 3º e 4º están de viaxe. 
Que o pasen moi ben!
Mentres nós recibimos a visita dunha boa amiga miña:
É unha pequena marabillosa que adora os libros como nós!
Ficha, resumo, extractos e escenas da peli.
Éric

10 abr 2012

Páxinas marcadas con agarimo...

Para as nosas amizades, 
os 5 modelos diferentes de cartas con marca-páxinas recortables 
a imprimir polas dúas caras en formato A4.
Modelo 1 - parte dianteira  
Modelo 1 - parte traseira
Modelo 2 - parte dianteira
Modelo 2 - parte traseira
Modelo 3 - parte dianteira
Modelo 3 - parte traseira
Modelo 4 - parte dianteira
Modelo 4 - parte traseira
Modelo 5 - parte dianteira
Modelo 5 - parte traseira
Éric e os membros do Club

30 mar 2012

Marcando páxinas primaverais

Desvelamos a sorpresa que preparamos no Club para acompañar as lecturas durante as vacacións de Semana Santa: 
uns marca-páxinas
feitos por nós coas nosas frases persoais sobre a lectura.
Preparamos cinco modelos de cartas cos distintos modelos de marca-páxinas para repartirllos a todas as nosas amizades. 
Son recortables e impresos en cor para que cadaquén teña varios exemplares e para ler moito!
Os orixinais están expostos no corredor (diante da nosa Biblio)
Hoxe, estivemos repartindo o agasallo ós nosos compis polas aulas e compartindo a nosa labor e a nosa ilusión: 
Unha aperta!